miércoles, 4 de marzo de 2009

POST MORTEM


Post Mortem som umha banda que levo seguindo desde que só eram umha ideia. Acho que escuitei esse nome anos antes de o assunto passar do mundo do imaginário ao mundo das cousas reais, concretas. Conheço dous dos seus responsáveis desde há bastante tempo, com um deles fazia parte do que o hippismo ilustrado da Faculdade de História deu em chamar "Los punkis de primero", com o outro compartilhei mais de umha vez quadra de basquetebol, como rivais sempre. Ele era um escolta-ala elegante, bom finalizador de contra-ataques. Junto com o cara ao controlo do fanzine Atentes e um dos coraçons da banda de musica tradicional jamaicana de Corunha Dandy Fever som o Post Mortem. É dizer: amor, ódio, punk rock, eskorbuto e algumha cerveja. E tudo de primeira, inclusive a cerveja, ainda que nom a provei circulam os rumores de que a qualidade é alta.

Estivem a ouvir umhas quantas vezes o vosso split e ia fazer umha introduçom para este artigo resenhando-o mas finalmente pensei que seria mais divertido se o fazedes vós. Sei que é difícil mas ânimo, há que tentá-lo...

Olá Nacho, empazasnos pondo contra as cordas así que para saír do aprieto simplifico con que é un split con boa presentación, dezaseis temas de punk tirando a 77 e RRV de dúas bandas, unha galega e outra de EH, sen mayor pretensión que pasalo ben e contar o que nos parece do modo que nos gosta. A parte son só 5 pavos, que parece que no punk tamén se redondea a alza…


2. Gostei particularmente das letras, pensades que há que dar um passo para a frente dos típicos clichés do punk ou no mínimo tratá-los de outra maneira?

Bon, eu son da opinión que salvo contadas ocasións o punk non ten nada de rompedor. Quero decir, repetimos clichés e clichés que polo propio carácter underground do punk non deixan de ser sandeces ou obviedades, quero decir, recitar cousas diante dunha audiencia xa entrenada neses temas. Eu supoño que para a miña avoa oír Policiía asesina é cuase unha herexía (ou non), pero hoxe por hoxe e onde nos movemos, non deixa de ser (a parte dun tópico) un ter a xente contenta por un lado (superficial) e cansino pola outra banda.

Penso que os problemas sociais do 2008 son se cadra máis grandes, ou polo menos diferentes, que cando empezou esto, por iso non digo que non se deba seguir protestando, é maís; nun movemento de rebeldía é case umha obriga, máis se de verás se quere molestar ou por as cabezas a furrular creo que se debería ir ao meollo doutro xeito. En ningún momento digo que nós o consigamos, é maís, creo somos bastante estúpidos.


3. Como trabalhades à hora de compor, tedes em mente a que queredes soar ou simplesmente as músicas vam saindo com um som determinado no que logo se podem ver as vossas influências?

vossas influências?

En canto o querer soar simplemente punk con múltiples influencias pero sen fixarnos en nada en especial, como banda amamos o punk77, o RRV, o OI! O streetpunk europeo dos noventa ( non che vou poñer un tropel de bandas xa que os catro somos bastante freaks musicalmente) e coma actitude levamos a cabo da maneira máis coherente posible para nós o DIY, sen importarnos moito o que opine outra xente, e dunha forma honesta cara nós memos sen sermonear a ninguén e botando unha man onde se pode. Xa che digo que non temos moitas pretensións.

4. A dia de hoje parece que o punk é sobre todo um som, e aliás umha estética, pensades que se perdeu ou que a componente ideológica do mesmo está menos presente ou é menos importante?
Sí, sen dúbida.

Imos a ver: eu non vou decir o que é punk ou o que non pero teño unha opinión formada do que foi. Non creo que o punk se caracterizará nun principio coma un movemento político “ao uso” e, de feito, se tiras máis dos clichés ves que o malo de Malcom non era tan malo (partipando en movementos situacionistas no 68), que os Clash (pode que a miña banda favorita) non eran tan “rojos”, que o segundo disco das primeiras bandas (Adverts, Skids, incluso Upstairs e un longo etc…) buscaron a New Wave simplemente pola pela ou que todas as bandas do “reality punk” soñaban con estar no máis alto das listas de éxitos. Quitando a bandas coma Crass e o entorno do colectivo Class War, era unha rebeldía que non atendía aos principios políticos que se lle poden “exixir” aquí a unha banda que se autodenomina de esquerdas ou autoxestionada…e eu non digo nen que estea ben nen mal, simplemente que nos venderon dende fai moitos anos uns clichés que para min non son extrapolables dun povo a outro e dunha época a outra.

Creo que no punk hai sitio para tod@s, máis o que se leva agora de ti@s guais, e guap@s , e mon@s, e moi cool, e mira que foto, e tal e pascual non é propio dunha escena que a aposta polas relacións de igual a igual.

Despois diste ladrillo afirmo que creo que o máis importante e ser coherente cun mesmo, non buscando a galería. Post Mortem non é un grupo de panfleto, non reivindica o seu antisistema se é que o tivera ou seu independentismo se é que o tivera a base de parches, pegatinas ou letras bonitas sobre revolucións pasadas ou problemas de barrio inxestentes. O movemento amósose andando e a cada paso, e arriba dun escenario todos podemos ser megachachis.



5. “O que é importante do punk rock é a sua independência do governo e das instituçons e a suas redes à margem disto. Isso é o que é político, nom as palavras, nom tanto a música como a independência.” Qual é a vossa opiniom sobre este parágrafo que escreveu o Tim Yohannon do Maximum R´nR?

Tío, que acabo de contestar o de arriba sen ler ista pregunta…estou dacordo o cento por cento, máis claro, todo ten o seu aquel…está ben claro que é o governo, non? Concellos, institucións... Ok, Post Mortem non toca para concellos. Pero, e as súas redes? Unha comisión de festas é ou non é rede? E unha asociación cultural legal cunha subvención directa dises concellos é ou non é? Eu non o teño claro e a opinión vaime cambiando de ano en ano, así que se podes bótame un cable tío que se espero polo Tim Yohannon estou jodido. A parte, en vaia merda se convertiron os últimos número do Maximun que non? Todo columnas de bandas protestando por subnormalidades…as veces parece que o Yankii máis listo non pasaría e E.S.O. en Foz ou Valdoviño, que non?


6. Dous de vos estades ou estivestes fazendo fanzines, pensades que som realmente importantes hoje em dia para a “cena”? O que é o que valorades dum fanzine? Como vedes o papel da net e a relaçom com os fanzines? Está a rede a substituir o que um dia foi o campo dos fanzines? Pensades que os fanzines em papel estám caminho da sua desapariçom?

Claro que son importantes! Prensa independiente feita por nós e para nós, un espazo de comunicación, de información, de debate…todo coma cada editor/a o queira levar…a pena é a escena de analfañus na que nos movemos que non pillan un nen regalado. Odio eterno al skinhead moderno, OI!.

Non creo que desaparezan porque hai xente que segue mantendo a base de esforzo isto (aínda que cada vez son menos) e Internet claro que suplantou, máis non o vexo de todo negativo, é negativo o uso que se lle da dende algún ámbito, máis…canto tardaríamos en conseguir as entrevistas a esos grupos de crossover Neozelandés que tanto nos poñen sen a rede?

Estou nunha época na que relativizo absolutamente todo, un puto coñazo vamos.


7. Falando de “cena”, esta palavra é umha constante em determinados fanzines. O que é o que pensades dela, pensades que existe umha cena punk-rock galega? O que significa para vós?

Bueno penso que existen crews que se xuntaron é que algunha pode constituir unha micro escena galega, maís como escena galega non, nen de coña. Case sempre tocan os mesmos grupos en según que vilas (eles o curran obviamente) pero non hai unha escena galega real na miña forma de entendela, cuns principios de unión, compañerismo (sin freakadas de irmáns de sangue por escoltar a mesma música e roios así eh). Quero decir…os grupos de Ferrolterra o seu aire, na Coruña medio por libre, Lalín co seu fuero, Vigo alí e Ourense aguantando as Burgas. Logo sí que hai unha serie de persoas que se moven a saco en aopiar bandas de todos lados, sobran nomealas porque @s que andamos niste sabemos quenes son e os podes atopar en calquer concerto da xeografía galaica…eche o bonito disto, non?

8. Se tivéssedes um selo, como gostaríades que fosse? Como seria a vossa política de selo (ediçom, selecçom de bandas, etc.). Agora mesmo, que editaríades?

Iago (eu) formo parte ao cincuenta por cento de Caos SA Records, aínda que no último ano teñoo un pouco parado e haberá que darlle algunha solución. O outro cincuenta por cento e Ángel, un tío de Lalín con gafas que antaño era telonero de Eugenio e agora canta nunha banducha de taberna.

Neste tempo podo decir que foi unha boa experiencia, coeditamos sobre todo bandas galegas (Soak, Disturbio, TNT, Skarmento…) tamén do resto do estado (Hell Beer Boys, Moloko Plus) e tamén recordo a unha de Valencia ou por ahí chamada Ki Sap que aínda maldigo a Ángel cada vez que me acordo…os rapaces serían majos pero o disco é un truño de puta madre. Política de selo? Mítico non comercial, non profit, blablabla…o de sempre, acumular ducias de discos que acabas regalando pero unha moi boa experiencia.

Como editar? Editaría o single de Novedades Carminha se non fora porque son nazis, que mo dixeron na Gentalha o outro día


9. Na minha opiniom o cenário natural dos concertos deviam ser os centros sociais ou as okupas, pensades que é umha visom um bocado utópica no tempo que nos toca viver? Vedes possível umha uniom das forças de “esquerda” (independentismo, anarquismo, bandas....) para criar espaços comuns como podem ser salas autogeridas de concertos?



Bon…eu non vexo tan utópica isa unión…e creo que en plena ofensiva capitalista por un lado e uniformadora no cultural por outro, e en pleno 2008, quen se escude nesas etiquetas para porlle unha zancada o do lado que que é que non vive neste mundo ou lle importa todo moi pouco. Aínda que agora que o penso; pode que sí sexan os máis…

O das salas autogestionadas sería dabuten, máis creo aínda está un pouco lonxe…

Tampouco creo Nacho, e asme de disculpar pola intromisión na túa pregunta, que o punk teña que estar reducido a istos ámbitos per se

10. Acho que este tempo que nos toca viver será lembrado polas séries de tv, parece que todo o mundo está agarrado a algumha, acompanhades algumha? Que recomendaríades?

Los hombres de Paco agora e tirando de clásicos ALF. É indiscutible.

11. O facto de a Conselheria de Cultura estar em mãos da Ângela Bugalho, tem mudado dalgumha maneira o panorama cultural galego? O que opinades das iniciativas tomadas pola administraçom PSOE-BNG?

O compa do Gzine preguntounos o mesmo, sería un pouco ruín cortar e pegar a pregunta pero a opinión é a mesma…creo que debemos conseguir sobrevivir por nós mesm@s, ise é o camiño fácil, máis nun grupo que intenta reivindicar outra forma de entender as relacións (que non digo sexza o noso caso) ou plantar cara ao poder político (que tampouco digo que sexa) é un pouco ridículo andar neses tinglados. A parte denegaronnos un local de ensaio na Cidade da Cultura e estamos que botamos chispas.



13. Espaço livre:
A entrevista contestouna Iago e estou seguro de que os outros tres faranduleiros non estarán dacordo coas miñas respostas.

A parte diso, foi un pracer responder a esta entrevista que non nos preguntaron cando nos formamos, ou os próximos concerto…moita sorte en todolos teus proxectos Nacho!!

Que siga isa Criatura!!

No hay comentarios: