martes, 3 de marzo de 2009

DESPARRAME CEREBRAL EN CASA DE CUNDINS. 1999 por B.Vilas

Ese ano reuníamos forzas para ir todos a casa de Cundins, quen pasaba o seu primeiro curso universitario en Santiago sen moito esmero pero aprendendo a todas horas. Perseguíamos cancións ou sexo ou non sei moi ben que, pero era fenomenal vernos ali apilados entre os singles e as sabas frias, vendo como as suas compañeiras de piso se untaban de fariña e mel. Foi nesa casa onde coñecin á miña moza, toda feita de puré e sal, pero esta é outra historia. Recordo unha noite na que os golpes foron secos e a música, ainda que hardcore, era tribal e sanguinaria, moi absorvente. Un disco de Abhinanda sonaba e sonaba no negro inmenso, no corazón de todos, durmindo e mesturandose co radiador cego que Paulo tiña nunha esquina, xa case sen vida. Recordo tamén como nos sorteaban as mozas ese mesmo dia ou outro, non importa, antes da nosa chegada á casa. Nós, lonxe ainda, saltábamos por riba das pozas e as persoas.
Trás sair unha noite estábamos con rapazas para esquecer que falaban da casa de Cristo, algo excitante por momentos pero que daba paso sen remedio a un Dead Fucking Last ou a un Shanty Rd., segundo gustos. Vivíamos, como non podia ser doutra maneira, para estampar as nosas caras contra as costas suorosas dos nosos compadres. Habia bastantes concertos. Foi un ano completo. A música estaba alta todo o tempo e Samuel preferia vomitar a follar, o cal demostraba a sua sinceridade desarmante. Trás visitar a Paulo, volvíamos todos xuntos para Arteixo con gañas de continuar cantando na fin de semana. Íamos para Laracha, case sempre. Laracha era un paraíso onde nos crecian as ás. Tíñamos que pillar un bus para ir, cheo de xente matizada camelandose entre si, e era curioso, porque flipábamos. Unha vez ali, aparecíamos nos garitos cedísimo e celebrábamos cada minuto unha despedida anunciada. Creo que xa non recordábamos alguns mitos pasados. Achegabase o verán e a todos nos quedaban grandes as zapatillas.

No hay comentarios: